Estudantes > Prácticas Académicas Externas

Prácticas Académicas Externas

As prácticas académicas externas ocupan un lugar pereferente naquelas titulacións e naqueles programas nos que se recoñece a necesidade de ofertar unha formación na que se combinen os compoñentes teóricos e os prácticos, e nos que se considera que a aprendizaxe práctica é fundamental para acadar un perfil profesional axeitado.

Tipos de prácticas:

  • Prácticas externas curriculares, que se configuran como materias dun plano de estudos con carácter obrigatorio ou optativo.

  •  Prácticas externas extracurriculares que se realizan de xeito voluntario perante o período de formación e que, aínda tendo o mesmo obxectivo que as prácticas curriculares, non son parte do correspondente plano de estudos. Porén, serán recollidas no Suplemento Europeo ao Título segundo a normativa vixente.

Convocatorias:

  • Convocatoria 1º Cuadrimestre.
  • Convocatoria 2º Cuadrimestre.

Normativa aplicable:

  • Real Decreto 592/2014 sobre prácticas académicas externas de estudiantes universitarios (consultar .pdf)
  • Regulamento prácticas académicas externas da Facultade de Economía e Empresa (consultar .pdf)

Información para as empresas:

A realización das prácticas académicas externas require a subscrición previa dun convenio de cooperación educativa (Curriculares - formato .docx - formato .odt) (Extracurriculares - formato .docx- formato .odt) que sirva de marco regulador das relaciones entre o alumnado, a entidade colaboradora e a Universidade da Coruña.

A empresa deberá completar os seus datos no modelo de convenio, imprimir por triplicado e ainar en todas a súas follas (na marxe, agás na última páxina que se asinará no recadro).


Os tres orixinais do convenio asinados enviaranse por correo ordinario ao seguinte enderezo:


A/a. Administración. Prácticas en empresas
Facultade de Economía e Empresa.
Campus de Elviña, s/n.
15071  A Coruña.


Unha vez recebidos no decanato, o Reitor da Universidad de A Coruña asinaraos. É un requirimento imprescindíbel ter asinado o convenio pola empresa e polo Reitor antes de comezar as prácticas.


Unha vez asinado o  convenio por ambas as dúas partes, un/unha  titor/a da entidade colaboradora establecerá un proxecto formativo (formato .docx - formato .odt) para cada estudante, onde se especificarán as tarefas que realizarán e os coñecementos prácticos que aquirirán e que estarán relacionados de xeito directo con os estudos que  se estén a realizar.

O proxecto formativo deberá estar definido e asinado, por triplicado, polo/a titor/a da empresa.

Unha vez finalizada a estadía de prácticas, o/a titor/a da empresa, expedirá ao estudante unha certificación acreditativa da súa realización e das súas características. Por outro lado, remitirá, debidamente cuberto, ao centro, o 
informe final (pdf) de seguimento das prácticas, preciso para a avaliación do estudantado.

Información para o estudantado:

Para a realización de prácticas curriculares o/a estudante tenrá que ter superados o 75% dos créditos da súa titulación. No caso de prácticas extracurriculares é preciso acadar o 50% dos devanditos créditos.


Unha vez finalizado o seu período de prácticas, o/a estudante elaborará unha memoria final (formato .doc - formato .odt) que entregará ao  titor ou á titora académico/a no centro.

Profesorado Titor: 

Relación de PDI admitida como Titor de Prácticas en Empresas (Ano Académico 2016-2017) (consultar .pdf)  

Outras cuestións de interese:

Seguro escolar (Información UDC)

Relación entre a Entidad e o estudantado en prácticas
Das prácticas non se derivarán os deberes propios dun contrato laboral, nin terán dotación económica obrigatoria por parte da entidade, a pesar de que se poderá prever unha contribución en concepto de bolsa ou axuda ao estudo. Nestes casos, a entidade deberá dar de alta ao estudante na Seguridade Social que terá unha bonificación do 100% na súa cotización, nos termos previstos polo Real Decreto-lei 8/2014, de 4 de xullo, de aprobación de medidas urxentes de crecemento, a competitividade e a eficiencia (Disposición adicional vigesimoquinta)


As claves do Emprego

  

Mais información en: practicas.fee@udc.es

Outras ligazóns de interese: Prácticas en Empresas - UDC


Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia