Novas

Novas

Bolsas de Excelencia - Xunta de Galicia (16-04-2017)

As Bolsas de Excelencia concedense para a realización dos seguintes mestrados nas áreas de: Artes e Humanidades, Ciencias, Ciencias da Saude, Ciencias Sociais e Xurídicas e Enxeñería & Arquitetura. Podes consultar a listaxe completa clicando na listaxe de mestradoshttp://emigracion.xunta.gal/files/faq/34074-listado-masteres-becas-excelencia-juventud-exterior-2017-2.pdf 

PRAZO

Terás que presentar a túa solicitude por vía electrónica mediante do formulario accesíbel na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://bolsasexcelencia.xunta.gal/gl) até o día 31 de maio do 2017 ás 24:00 h. As solicitudes de Cuba tramitaranse a través da Federación de Sociedades Gallegas na Habana, polo persoal habilitado na entidade. 

PREINSCRICIÓN

Para te preinscribir, tes que cumplimentar o formulario de solicitude do mestrado ao que queras aceder na web da Universidade á que pertenza, onde obterás información dos requisitos de admisión e prazos posteriores para, no seu caso, te matricular:

www.udc.es 
http://www.udc.es/sape/futuros_estudantes/

Correo electrónico: vepeu@udc.gal

INFORMACIÓN ADICIONAL

Na páxina http://emigracion.xunta.gal/es/bolsas-excelencia-mocidade-exterior-2017 tes toda a información relativa ás bolsas, como chegar a Galicia, dúbidas sobre a tramitación, información sobre as Universidades, os seus campus universitarios e as cidades de destino. 

Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia