Novas

Novas

Actividade Game ABANCA talents (20-03-2017)

Actividade Game ABANCA talents

#CampusABANCA , o día 23 de marzo 21 alumnos da UDC poderán coñecer o seu perfil profesional a través do innovador proceso de GAMIFICACIÓN, que consiste en “xogar” cunha proba dixital que lle ofreceremos no stand de “ABANCA talents”. Os alumnos enfrentaranse dunha maneira dinámica e virtual a diferentes probas e metas. Ao acadar a finalización da mesma darémoslles feed back e o seu perfil profesional resultante. Quen di que as probas de selección sexan aburridas!

Se estás interesado podes inscribirte no stand de ABANCA talents situado na Facultade de Economía e Empresa do Campus de Elviña nos días 20 y 21 de marzo ou, dende este intre, enviando un correo a nosa seguinte dirección: experiencia_abanca@abanca.com. É importante que identifiques “Referencia Game”, e poñas o teu nome, un número de telf. de contacto, o número de DNI e a carreira que esteás estudando na actualidade na UDC (requisito imprescindibel).

O prazo para recibir tódalas solicitudes finaliza o 21/3 ás 19:00h.

O nº de prazas a conceder son 21 e serán asignadas por sorteo; o mércores 22 de marzo realizarase a comunicación aos gañadores.

Non te perdas nada, séguenos en #CampusABANCA

Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia