Novas

Novas

Human Resources Strategy for Researchers (HRS4R) (15-03-2017)

O próximo 23 de marzo queremos invitarvos a un dobre acto, no que por unha banda solicitamos a vosa colaboración para a obtención do selo Human Resources Strategy for Researchers (HRS4R) e tamén vos queremos presentar as propostas para os Novos Campus de Especialización da UDC.

O horario que vos propoñemos é o seguinte:

Campus da Coruña:

10.00- 10.30 Breve explicación dos obxectivos do HRS4R

10.30- 11.00 Dúbidas e enquisa

11.00- 11.30 Descanso

11.30- 12.30 Presentación das propostas de novos Campus de Especialización para o Campus da Coruña

Campus de Ferrol:

16.30- 18.00 Breve explicación dos obxectivos do HRS4R

18.00- 18.30 Dúbidas e enquisa

Lugar: Paraninfo de Universidade da Coruña para o Campus da Coruña e aula -1.2 do edificio de apoio ao estudo para o Campus de Ferrol

Selo europeo HRS4R

Como sabedes a Universidade da Coruña está a traballar dende mediados do ano pasado na obtención do selo Human Resources Award outorgado pola Comisión Europea, no marco da HRS4R - Human Resorces Strategy for Researchers, https://euraxess.ec.europa.eu/jobs/hrs4r. Esta acreditación certifica o compromiso da Universidade por cumprir as normas europeas de contratación e desenvolvemento profesional dos investigadores, para favorecer a libre circulación de investigadores dentro do espazo europeo.

A nosa Universidade presentou a documentación na última convocatoria do 2016 e os avaliadores xulgaron que a proposta cumpre cos requisitos necesarios, porén, a baixa participación de persoal investigador xeroulles dúbidas sobre a validez da diagnose de diversas cuestións na nosa Universidade.

Dende o equipo reitoral pensamos que esta acreditación é necesaria para fortalecer a carreira profesional dos investigadores da UDC e conseguir a relevancia internacional que a Universidade da Coruña se merece. Por iso vos solicitamos a vosa participación activa en sesións informativas, reunións de traballo e participación en enquisas.

Presentación das propostas de Novos Campus de Especialización UDC

A UDC está a apostar por unha política universitaria centrada no avance do coñecemento baseada na especialización e singularidade dos seus Campus Universitarios dentro do SUG.

Nesa liña a UDC asinou un convenio coa Xunta para financiar as acción recollidas no Plano Estratéxico do Campus Industrial de Ferrol, xa en marcha e que está a materializarse tanto no ámbito académico (proposta de novas titulacións) como da investigación e transferencia de tecnoloxía e a mellora de equipamento, infraestruturas e procesos. Un paso máis nese reto de mellora é articular novos plans estratéxicos de Especialización para o Campus da Coruña.

Con este fin, vos convocamos á presentación das propostas de Liñas/Campus de Especialización o próximo 23 de marzo.

 

Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia