Novas

Novas

IV Encontro Internacional da mocidade Emprendedora Universitaria (14-03-2017)

Informase a todos os estudantes que vaise a celebrar o IV Encontro Internacional da mocidade Emprendedora Universitaria que terá lugar na facultade de Filosofía e Ciencias Sociais (Praça da Faculdade de Filosofia 1, 4710-297 Braga) da Universidade Católica Portuguesa, en Braga os días 6 e 7 de abril do 2017, organizado por varias universidades de Galicia e do Norte de Portugal: a Universidade de Santiago de Compostela, a da Coruña, o Instituto Politécnico de Viana do Castelo e a Universidade Católica Portuguesa.

Se queres inscribirte podes facelo ata o día 16 na web da facultade de Dereito,  cun custo de inscrición de 60 euros en habitación dobre nun hotel de 3 estrelas, que inclúe a comida do xoves, unha cea de gala, durmir, e o almorzo e a comida do día seguinte (75 euros en habitación individual). Estes prezos tan axustados e grazas a xestión dos nosos colegas portugueses; do apoio institucional das universidades de Santiago e A Coruña; e as  doazóns dos patrocinadores.

Ademais se queres presentar o teu proxecto de emprendemento, poderás facelo, sendo seleccionados 8 proxectos de Galicia que se presentarán no evento e no que o xurado internacional seleccionará catro finalistas e posteriormente un gañador/a.

Programa (consultar .pdf)

Mais información

http://www.usc.es/gl/centros/dereito/modules/news/news_0052.html

http://www.erlac.es/es/fundacion-escuela-universitaria-de-relaciones-laborales-de-a-coruna/


Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia