Novas

Novas

Protocolo de Actuación con Equipamento Informático (29-02-2016)

Tal e coma nos solicitou, indícolle as medidas que deben empregar os docentes que  fixeron uso dun lapis ou disco usb  nas aulas nas que estaba instalado o software  que copiaba o contido dos seus pendrives no disco dos equipos:

  1. cambio da contrasinal de servizos telemáticos: servizos.udc.es
  2. no caso de teren copiado nese pendrive  o certificado dixital e ademáis ter una contrasinal sinxela ou ben ter copiado un ficheiro de passwords, deben revogar o certificado (https://www.sede.fnmt.gob.es/certificados/persona-fisica/anular) ou ben solicitar un novo có que o antigo quedaría anulado (http://www.udc.es/aspau/sinaturaelectronica/obtenercertificadopdi/)
  3. de teren no pendrive passwords ou contrasinais para acceso a plataformas bancarias, compras, etc, deben cambiar as credenciais correspondentes.

As aulas nas que se detectou que estaba instalado o dito software son :  1.1, 1.2, 1.3, 1.4, 1.5, 1.7, 2.3, 2.5, 2.6 e 2.7
 
Aproveitamos para recordarlles estas medidas que deben ter en conta para acceso a calquera equipo de uso común o público:

  • Empregar un dispositivo de almacenamento (pendrive ou disco usb) exclusivo para ese propósito no que non deben gardar ningunha información sensible.
  • Non facer uso de aplicación que requiran o tecleo de credenciais que permitan acceso a información sensible.

Estamos á súa disposición para calquera dúbida
 
CAU: Centro de atención ao usuario . 
Tel:981167000 Ext.2222 FAX:981167108 
Horario : 08:00 a 20:00H 
Edif. Xoana Capdevielle - Campus de Elviña - A Coruña 
Servizos de informática e comunicacións 
www.udc.es 

 

 

Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia