Novas

Novas

Calendario TFG 2016-2017 (10-03-2017)

Proceso de Asignación de Marzo de 2017 

TRABALLOS ASIGNADOS (marzo de 2017).  

Grao en ADE: consultar .pdf

Grao en Economía: consultar .pdf

Grao en Cc. Empresariais: consultar .pdf 

Grao en CC. Empresariais+Turismoconsultar .pdf

 





ACTO PÚBLICO DE ELECCIÓN DE TFG 3 DE MARZO DE 2017

Deberán asistir os estudantes matriculados na materia de TFGs durante o curso 2016/17 que non teñan asignado TFG no anterior proceso de asignación desenvolvido nos meses de setembro e outubro de 2016.

  • Lugar: 0.6
  • Día: 03/03/2017
  • Hora: 18.30 h.

Listaxes de elección de estudantes (ordenadas por orde de escolla)

 

IMPORTANTE: Se un estudante se matriculou no TFG con posterioridade ao 3 de outubro de 2016 e non aparece nas listaxes anteriores, deberá reclamar a súa inclusión presentando unha instancia dirixida ao Decanato da Facultade de Economía e Empresa na Secretaría do Decanato antes das 14.00 horas do 1 de marzo de 2017.

Oferta de TFGs dispoñibles: 

 

AVISO: Fe de erros: por un problema de formato figura no encabezamento dos anteriores documentos "Curso 2015-2016" e "Acto de elección setembro outubro 2016". Debería figurar "Curso 2016-2017" e "Acto de elección do 3 de marzo de 2017". Sentimos este erro.

 

Primeira indicación moi Importante: Prórrogas e bilaterais (Novidade!!!)

Os/as estudantes que teñen tramitado un TFG bilateral ou unha prórroga SI están convocados ao acto público de elección.

Terán que presentarse co documento de solicitude do TFG bilateral ou da Prórroga debidamente asinado polos/as titores/as .

O prazo para solictar prórrogas ou bilaterais rematará no propio acto de elección do 3 de marzo de 2017.

 

Segunda indicación moi Importante: Ausencia ao acto de elección

Se un estudante non se presentar no acto de elección, perde a posibilidade de elixir TFG e asume que a comisión de TFGs lle vai asignar un traballo dos dispoñibles.  

No obstante, se un alumno non puider asistir persoalmente, podería empregar o impreso de autorización a un terceiro para que realizase a elección no seu nome. As condicións desta delegación (documentación requirida e efectos) veñen especificadas no impreso de autorización e deberán ser estritamente observadas para que se poida realizar a asignación por delegación. 

Documento de Delegación (pdf

 

Terceira indicación moi Importante: Presenza nas listaxes
Se un estudante se matriculou no TFG con posterioridade ao 3 de outubro de 2016 e non aparece nas listaxes anteriores, deberá reclamar a súa inclusión presentando unha instancia dirixida ao Decanato da Facultade de Economía e Empresa na Secretaría do Decanato antes das 14.00 horas do 1 de marzo de 2017.

 

Proceso de Asginación de Outubro de 2016 

TRABALLOS ASIGNADOS (outubro de 2016).  Atualizados a 11 de outubro de 2016

Grao en ADE: consultar .pdf

Grao en ADE+DER: consultar .pdf

Grao en Economía: consultar .pdf

Grao en Cc. Empresariais: consultar .pdf 

Grao en CC. Empresariais+Turismoconsultar .pdf

 

Aviso Moi Importante: Os estudantado matriculado na materia de Traballos de Fin de Grao cuxo desenvolvemento vaia ter lugar durante o primeiro cuadrimestre do curso 2016/2017 deberán presentarse aos seus titores até o 14 de outubro de 2016, incluído, para dar comezo aos seus traballos.

 
Aos estudantes matriculados na materia de TFGs que non tramitaron bilaterais ou prórrogas e que non asistiron ao acto de elección do pasado día 3 de outubro foilles asigando un TFG pola comisión de TFGs da FEE do día 11 de outubro de 2016.





 

LISTAXES DEFINITIVAS ALUMNADO MATRICULADO NO TFG (por orde de escolla), incluídos alumnado con Prórroga ou Traballos Bilaterais.

Grao en ADE: consultar .pdf

Grao en ADE+DER: consultar .pdf

Grao en Economía: consultar .pdf

Grao en Cc. Empresariais: consultar .pdf 

Grao en CC. Empresariais+Turismoconsultar .pdf

 


 

LISTAXES PROVISORIAS ALUMNADO MATRICULADO NO TFG (por orde de escolla), incluídos alumnado con Prórroga ou Traballos Bilaterais.

Grao en ADE: consultar .pdf

Grao en ADE+DER: consultar .pdf

Grao en Economía: consultar .pdf

Grao en Cc. Empresariais: consultar .pdf 

Grao en CC. Empresariais+Turismoconsultar .pdf

 


 

OFERTA DE TFGs para o ano académico 2016-2017:

Grao en ADE: consultar .pdf

Grao en ADE+DER: consultar .pdf

Grao en Economía: consultar .pdf

Grao en Cc. Empresariais: consultar .pdf  (28-09-2016: Eliminada oferta nº 56)

Grao en CC. Empresariais+Turismoconsultar .pdf


 

 

CALENDARIO SETEMBRO-OUTUBRO 2016:

  • 18/09/2016: Data tope para que os departamentos fagan a súa proposta de TFGs para a listaxe xeral da Facultade de Economía e Empresa.
  • 22/09/2016: Comisión de TFGs para a aprobación da listaxe oficial
  • 22/09/2016: Publicación da listaxe provisoria de estudantes matriculados que están pendentes de asignación e que deberán elixir no acto público de elección de TFGs. Esta listaxe conterá disporá os estudantes por orde de elección.
  • 22/09/2016: Publicación da oferta de TFGs que integran a listaxe xeral da FEE para a elección.
  • 26/09/2016: Prazo para a tramitación de TFGs bilaterais e prórrogas polos estudantes e profesores (IMPORTANTE: a sinatura de TFGs bilaterais en ningún caso modificará a listaxe xeral de TFGs ofertados no cupo xeral).
  • 30/09/2016: Comisión de TFGs para a aprobación das propostas de bilaterais.
  • 30/09/2016: Publicación da listaxe definitiva de estudantes matriculados que están pendentes de asignación e que deberán elixir no acto público de elección de TFGs. Esta listaxe conterá disporá os estudantes por orde de elección.
  • 03/10/2016: Acto público de elección de TFGs para alumnos matriculados que non teñen traballo asignado.

  

TRAMITACIÓN DUNHA PRÓRROGA DE TFG

Se o profesor e un estudante acordan prorrogar un TFG iniciado un curso anterior, deberán presentar a solicitude na Secretaría do Decanato no formato previsto que figura na web da FEE. Este documento deberá estar asinado por ambas as partes.

Importante: non se pode solicitar a prórroga dun TFG que xa fose prorrogado anteriormente. Isto é, só unha prórroga do mesmo traballo é posible.

 

TRAMITACIÓN DUN TFG BILATERAL

Os estudantes matriculados poderanse dirixir aos profesores concretos en función dos temas que lles resulten de interese para a realización do TFG. Se existir acordo, presentarán na Secretaría do Decanato o documento previsto asinado polo titor e polo estudante. Estes TFGs non se restan da listaxe xeral de TFGs ofertados pola FEE. Unha vez aprobada a proposta de bilaterial pola comisión, o profesor e estudante poden comezar a realizar o TFG. En todo caso, se un estudante está incluído na listaxe publicada e asina un bilateral, poderase presentar no acto de elección do día 3 de outubro para indicar esta circunstancia provisto dunha copia do acordo bilateral presentado no Decanato.


ACTO PÚBLICO DE ELECCIÓN DE TFG

Deberán asistir os estudantes matriculados na materia de TFGs que non teñan un TFG bilateral ou prorrogado.

  • Lugar: Aula Magna da FEE
  • Día: 03/10/2016
  • Hora: 18.30 h.

Nota moi Importante: Ausencia ao acto de elección

Se un estudante non se presentar no acto de elección, perde a posibilidade de elixir TFG e asume que a comisión de TFGs lle vai asignar un traballo dos dispoñibles. 

Porén, se un alumno non puider asistir persoalmente, podería empregar o impreso de autorización a un terceiro para que realizase a elección no seu nome. As condicións desta delegación (documentación requirida e efectos) veñen especificadas no impreso de autorización e deberán ser estritamente observadas para que se poida realizar a asignación por delegación. 

Documento de Delegación (pdf

Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia