Novas

Novas

EDP University Challenge 2017 (17-01-2017)

Comeza a segunda fase do Concurso EDPR University Challenge do ano académico 2016/2017. 

Este concurso ten como obxectivo incentivar o universo académico de todas as universidades españolas xa sexan estudantado de grao, posgrao ou mestrado para que poñan en práctica os coñecementos adquiridos na súa vida académica, no ámbito da administración e dirección de empresas (business), enxeñería, inovación e sustentabilidade, con o lema: “EDP e as enerxías renovábeis: un futuro cóbado con cóbado” e tentar aproximar ao estudantado ao mercado laboral.

Os proxectos desenvolvidos polo alumnado pódense incluir dentro do programa dunha materia e o profesorado pode orientar os proxectos, motivando ao alumnado e potenciando ao máximo as equipes.

O concurso, que ten como prazo o día 15 de marzo do 2017 para se inscribir e o 14 de xuño do 2017 para a entrega final dos proxectos, contempla unha serie de premios para os mellores proxectos:

  • Primeiro Clasificado: 3000 euros para o docente orientador do proxecto vencedor e 6000 euros para os estudantes. Posibilidade de realizar unhas prácticas en EDP Renovables.
  • Segundo Clasificado: 1500 euros para o docente orientador 3000 euros para os estudantes.
  • Terceiro Clasificado: 1000 euros para o docente orientador e 2000 euros para os estudantes. 

Invitámoslles a que visiten a páxina web do EDPR UC 2017 para mais informacións http://goo.gl/Jm7E24

Ligazón para o regulamento do concurso

 

 

Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia