Novas

Novas

Revista da Facultade de Economía e Empresa (17-04-2017)


ESPAZO FEE Nº 11  MAIO 2017

Está xa a prepararse o décimo primeiro número da revista Espazo FEE. Para que se poida publicar este novo número, cómpre, como sempre, a participación de todos os membros da comunidade universitaria con artigos curtos de temática variada. Malia que se trata dunha revista académica, porque nace como iniciativa da Facultade de Economía e Empresa. No entanto, a súa orientación non ten que ser necesariamente científica ou profesional, é dicir, está aberta a todos os as temas que poidan ser de interese para os estudantes, PAS e PDI (difusión, lecer, opinión, etc.).

Cómpre observar as seguintes normas:

1. Achegarase o texto en formato open office ou word antes do 5 de maio de 2017 ao enderezo electrónico:revista.espazo.fee@gmail.com indicando no asunto "Colaboración Espazo FEE nº 11".

2. As colaboracións terán unha extensión máxima de 2.000 caracteres (espazos incluídos)

3. Irán redactados en lingua galega

4. O ficheiro co texto da colaboración deberá incluír:

  •  Título da colaboración.
  •  Nome do autor.
  •  Sector ao que pertence: PDI, PAS, estudante (neste caso, indicarase que título está a cursar e en que ano se atopa), colaborador externo á UDC.
  •  Texto da colaboración (máximo de 2.000 caracteres con espazos incluídos)
  • Fotos ou material gráfico (de ser o caso)

5. O colaborador asume o criterio de selección do comité de redacción no tocante á localización na revista e á inclusión ou exclusión dotraballo nun dos números da revista. Eventualmente, de ser o caso, pódese solicitar ao autor algún cambio de extensión para adaptalo ás dispoñibildades de espazo. 

Como sempre, solicitamos a vosa colaboración nesta iniciativa que se renova con cada número de Espazo FEE.

O Comité de redacción da revista


Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia