Novas

Novas

XVII Leccións de Economía (28-11-2011)

UNHA COMISIÓN DA FACULTADE DE ECONOMÍA E EMPRESA TEN UN ENCONTRO CON JOSEPH E. STIGLITZ

O pasado 24 de novembro un grupo de profesores, estudantes de terceiro ciclo e dos mestrados da Facultade de Economía e Empresa tivo un encontro académico co Profesor Dr. Joseph Stiglitz, Premio Nobel de Economía en 2001. Este acto tivo lugar na sede da Fundación Barrié co gallo da impartición da conferencia "Pode o capitalismo ser salvado de si mesmo?" no marco das Leccións de Economía, organizadas por esta institución.

O encontro foi precedido por unhas sesións de traballo desenvolvidas polos participantes para profundaren na obra e no pensamento do Prof. Stiglitz.

Consultar texto da conversa (formato .pdf)

Así mesmo, grazas á
Fundación Barrie, a quen manifestamos o noso agradecemento, puidemos transmitir á Facultade de Economía e Empresa da UDC a conferencia. A esta sesión, desenvolvida no salón de actos da facultade, acudiron un bo número de profesores/as e estudantes que testemuñaron o interese suscitado polo discurso do Profesor Stiglitz. 


Joseph E. Stiglitz

Joseph E. Stiglitz, Premio Nobel de Economía 2001, ofrecerá el próximo jueves 24 de noviembre, a las 19.30 horas, en la sede de la Fundación Barrié en A Coruña, la conferencia ¿Puede el capitalismo ser salvado de sí mismo?, dentro del ciclo Lecciones de Economía que organizan el Instituto de Estudios Económicos de Galicia Pedro Barrié de la Maza (IEEG PBM) y Banco Pastor.

 

La conferencia será retransmitida en directo en el Salón de Actos de la facultad de Economía y Empresa, a partir de las 19:30h. El acceso es libre.

Volver

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia