Axenda

Axenda

Conferencia Cátedra RSC - Inditex

05-05-2017

Segunda sesión do Ciclo de Conferencias En Código Abierto

Facultade de Economía e Empresa, venres 5 de maio 

A Cátedra Inditex-UDC de Responsabilidade Social organiza o próximo venres 5 de maio a segunda sesión do Ciclo de Conferencias En Código Abierto, que nesta ocasión contará coa participación do director da Oficina de Iniciativas Globais no Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), Marco M. Muñoz.

Baixo o título “Ecosistemas de innovación no MIT”, a ponencia terá lugar ás 13.00 horas no Salón de Graos da Facultade de Economía e Empresa da Universidade da Coruña (Campus de Elviña s/n) nun acto presidido polo reitor da UDC, Julio Abalde; o presidente do Consello Social, Antonio Abril; o decano da FEE, Anxo Calvo; e a directora da Cátedra Inditex-UDC de RS, Marta Rey.

Os interesados en asistir deberán inscribirse a través da páxina web da Cátedra (www.catedrainditexudc.org) antes do 4 de maio.

 

 

Maio (2017)

Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia