Axenda

Axenda

Acto Elección TFG

03-03-2017

ACTO PÚBLICO DE ELECCIÓN DE TFG 3 DE MARZO DE 2017

Deberán asistir os estudantes matriculados na materia de TFGs durante o curso 2016/17 que non teñan asignado TFG no anterior proceso de asignación desenvolvido nos meses de setembro e outubro de 2016.

  • Lugar: 0.6
  • Día: 03/03/2017
  • Hora: 18.30 h.

Listaxes de elección de estudantes (ordenadas por orde de escolla)

 

IMPORTANTE: Se un estudante se matriculou no TFG con posterioridade ao 3 de outubro de 2016 e non aparece nas listaxes anteriores, deberá reclamar a súa inclusión presentando unha instancia dirixida ao Decanato da Facultade de Economía e Empresa na Secretaría do Decanato antes das 14.00 horas do 1 de marzo de 2017.

Oferta de TFGs dispoñibles: 

 

AVISO: Fe de erros: por un problema de formato figura no encabezamento dos anteriores documentos "Curso 2015-2016" e "Acto de elección setembro outubro 2016". Debería figurar "Curso 2016-2017" e "Acto de elección do 3 de marzo de 2017". Sentimos este erro.

  

Primeira indicación moi Importante: Prórrogas e bilaterais (Novidade!!!)

Os/as estudantes que teñen tramitado un TFG bilateral ou unha prórroga SI están convocados ao acto público de elección.

Terán que presentarse co documento de solicitude do TFG bilateral ou da Prórroga debidamente asinado polos/as titores/as .

O prazo para solictar prórrogas ou bilaterais rematará no propio acto de elección do 3 de marzo de 2017.

 

Segunda indicación moi Importante: Ausencia ao acto de elección

Se un estudante non se presentar no acto de elección, perde a posibilidade de elixir TFG e asume que a comisión de TFGs lle vai asignar un traballo dos dispoñibles.  

No obstante, se un alumno non puider asistir persoalmente, podería empregar o impreso de autorización a un terceiro para que realizase a elección no seu nome. As condicións desta delegación (documentación requirida e efectos) veñen especificadas no impreso de autorización e deberán ser estritamente observadas para que se poida realizar a asignación por delegación. 

Documento de Delegación (pdf

 

Terceira indicación moi Importante: Presenza nas listaxes
Se un estudante se matriculou no TFG con posterioridade ao 3 de outubro de 2016 e non aparece nas listaxes anteriores, deberá reclamar a súa inclusión presentando unha instancia dirixida ao Decanato da Facultade de Economía e Empresa na Secretaría do Decanato antes das 14.00 horas do 1 de marzo de 2017.


Facultade de Economía e Empresa | Universidade de A Coruña

 

Páxina optimizada para Mozilla Firefox

w3c - xhtml 1.0 w3c - css 2.1 w3c - wai - aa

Deseño : GSMedia